Menú

Sobre Metaposta

METAPOSTA facilita a transformación dixital dos procesos de comunicación das empresas mediante unha canle segura, cifrada e privada. Simplifica e mellora os procesos de comunicación, á vez que lle asegura á empresa o cumprimento do establecido polo RXPD para os encargados do tratamento de datos especiais.

  • Entrega con seguridade de documentos da área de RR. HH.
  • Dixitalización de procesos de aceptación/consentimento.
  • Sinatura móbil e custodia legal.
  • Simplificación de comunicacións bidireccionais.

Queres información acerca dos nosos servidores?

Os sistemas informáticos, propiedade de METAPOSTA, están localizados no Centro de Proceso de Datos (CPD) de EJIE, a empresa de Servizos Informáticos do Goberno Vasco, e no Goberno Vasco. Co propósito de ofrecer a maior fiabilidade e dispoñibilidade posible, os dous sistemas informáticos están unidos a través de redes de fibra óptica. Os CPD de EJIE e do Goberno Vasco garanten, ademais, que os datos que alberga METAPOSTA se encontran nun lugar neutro.

Quen promove Metaposta?

METAPOSTA é unha entidade en cuxo capital participan algunhas das empresas privadas e administracións públicas de referencia no País Vasco.

  • Fondo Ezten (Gestión Capital Riesgo del País Vasco, S. A.) cun 30%
  • EJIE (Sociedade Pública de Informática do Goberno Vasco), cun 17,5%
  • Cámara de Comercio de Bilbao (Biscaia), cun 15,10 %
  • Cámara de Comercio de Guipúscoa, cun 9,90%
  • Cámara de Comercio de Áraba, cun 5%
  • Tecnalia Research & Innovation, cun 7,5%
  • Mondragón Inversiones, cun 7,5%
  • Grupo Gureak (Gupost), cun 7,5%

Contacta connosco

Atendémoste de luns a venres de 9 a 19 horas a través de calquera das seguintes canles:

Síguenos en: