Menú

A solución definitiva para dixitalizar o envío, a sinatura e a custodia de información na túa empresa

METAPOSTA Delivery, cun deseño sinxelo e intuitivo, contén todas as funcións que unha empresa necesita para encarar a súa transformación dixital.

METAPOSTA Delivery achega unha solución para cada necesidade.

Envío de documentación

Calquera empresa ou organización que se torne emisor pode enviar, grazas a METAPOSTA Delivery, documentación de forma segura. Tanto a colectivos internos da empresa (empregados, comité de empresa, accionistas, etc.) como a colectivos externos a esta (clientes, fornecedores, etc.).

Formalización de contratos con sinatura electrónica

METAPOSTA Delivery permite dixitalizar e axilizar a xestión administrativa dos contratos. A nosa solución permíteche asinar electronicamente e de forma non presencial contratos e acordos con clientes, fornecedores e persoal da túa empresa. Este proceso realízase de maneira segura e case inmediata.

Envíos certificados e consentimento electrónico

METAPOSTA Delivery proporciónache unha canle mediante a cal recolleres un «aviso de recibo» útil para comunicacións como aprobación de partes de horas, documentos de confidencialidade, copias básicas de contratos, liquidacións de contratos ou documentos de prevención de riscos laborais (PRL), entre outros moitos.

Envío de certificados académicos asinados e con CSV

METAPOSTA Delivery permítelles aos centros educativos entregar os diplomas e certificados de estudos en formato electrónico ao seu alumnado. Estes certificados dispoñen dun código seguro de verificación (CSV) para comprobar a validez da sinatura e a integridade do documento.

Custodia electrónica

METAPOSTA Delivery permite almacenar os documentos asinados electronicamente e, nas mesmas caixas de correo onde se entregan e gardan, realizar o reselado periódico sen que a organización teña que ocuparse, o que garante a plena legalidade no longo prazo dos documentos custodiados.

Caixa de correo PRO

A través da caixa de correo PRO de METAPOSTA, a empresa pode pór á disposición dos seus clientes, fornecedores e colaboradores os documentos e as comunicacións que precise compartir con eles. E todo isto con aviso de apertura: o propietario da caixa de correo PRO de METAPOSTA recibirá un correo de aviso cando unha das partes con quen compartiu un documento acceda a este.

Integración avanzada

METAPOSTA Services é un conxunto de servizos web, interfaces e canles de comunicación que facilitan o desenvolvemento integrado das aplicacións da túa organización e a explotación de todas as funcións que ofrece METAPOSTA.

METAPOSTA Delivery ten moitas vantaxes para a túa organización.

  • Sen custos de investimento nin mantemento.

    O único custo é o derivado por cada uso. Ponte en contacto connosco e descubrirás que o custo é absolutamente competitivo.
  • Mellora a eficiencia da túa organización

    Reduce os custos de xestión da organización, realizando un traballo máis eficiente.
  • Cumpre coa normativa vixente

    Benefíciate das vantaxes da dixitalización cumprindo coa normativa vixente de protección de datos en todos os teus envíos.

Coñece como están utilizando as empresas METAPOSTA Delivery

Contacta connosco

Atendémoste de luns a venres de 9 a 19 horas a través de calquera das seguintes canles:

Síguenos en: