Menú

Metaposta gaña o premio «ComunicacionesHoy» ao mellor proxecto TIC para Administracións Públicas

29 de novembro de 2012

METAPOSTA foi recoñecido coma mellor proxecto TIC na categoría de Administración Pública da V edición dos Premios ComunicacionesHoy. O presidente de METAPOSTA recolleu o premio no transcurso dunha gala que se celebrou o 29 de novembro no Hotel Intercontinental de Madrid.

Os galardóns, convocados pola revista «ComunicacionesHoy» e o Grupo TPI, convertéronse no referente anual no sector das Tecnoloxías da Información, e o acto de entrega dos premios congregou máis de 115 profesionais do sector.

Un total de 121 candidaturas de provedores nas 11 categorías de produtos e solucións, máis 12 proxectos, participaron nesta quinta edición dos premios ComunicacionesHoy.

Contacta connosco

Atendémoste de luns a venres de 9 a 19 horas a través de calquera das seguintes canles:

Síguenos en: