Menú

Política de privacidade

A presente Política de Privacidade (no sucesivo, a «POLÍTICA DE PRIVACIDADE») regula, con carácter xeral, a recollida e o tratamento por parte de METAPOSTA, S. A. (no sucesivo, «METAPOSTA») dos datos persoais que vostede nos facilita como usuario da páxina web accesible a través do nome de dominio www.metaposta.com (no sucesivo, o «SITIO WEB»), incluídos os servizos que en cada momento se encontren dispoñibles a través do SITIO WEB (no sucesivo, os «SERVIZOS METAPOSTA»). Todo isto sen prexuízo das previsións específicas establecidas en determinadas seccións, formularios dispoñibles no SITIO WEB con relación a concretos SERVIZOS METAPOSTA ao obxecto de facilitarlle a información pertinente e, de ser o caso, obter o seu consentimento.

METAPOSTA reserva o dereito a modificar a POLÍTICA DE PRIVACIDADE para adaptala a novidades lexislativas, xurisprudenciais ou administrativas, así como as prácticas que desenvolva en cada momento a través do SITIO WEB, tendo en todo momento en conta os seus dereitos e intereses.

En todo caso METAPOSTA proporcionaralle os recursos técnicos adecuados para que poida acceder á POLÍTICA DE PRIVACIDADE con vistas a cumprir coas obrigas de información que nos corresponde observar de conformidade coa normativa aplicable en materia de protección de datos.

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

O responsable do tratamento dos seus datos é METAPOSTA, S. A., entidade con domicilio en Miñano Mayor, Vitoria-Gasteiz (Áraba), Parque Tecnológico de Álava, Avenida Albert Einstein, n.º 44, Edificio E-6 Bajo, inscrita no Rexistro Mercantil de Áraba no tomo 1464, folio 203, folla VI-14.989 e con NIF número A-01473289.

Para calquera cuestión relacionada coa POLÍTICA DE PRIVACIDADE ou o tratamento dos seus datos persoais pode contactar connosco no enderezo postal antes indicado ou través do enderezo de correo electrónico lopd@metaposta.com ou amb el nostre delegat de protecció de dades ou través do enderezo de correo electrónico dpo@metaposta.com

Como obtivemos os seus datos?

Os datos que tratamos en METAPOSTA obtivéronse de vostede mesmo, a través dos (I) distintos formularios que cubriu durante a navegación a través do SITIO WEB ou a través doutras canles (p. ex. rexistro como usuario dos SERVIZOS METAPOSTA, formulario de solicitude de información, etc.); ou (II) mediante a remisión dun correo electrónico de consulta.

No caso de que os datos persoais achegados pertencesen a un terceiro, vostede asegura que informou a dito terceiro da POLÍTICA DE PRIVACIDADE e que obtivo a súa autorización para facilitarlle os seus datos a METAPOSTA coas finalidades que se sinalan máis adiante.

Que tipo de datos tratamos?

Os datos que tratamos en METAPOSTA son aqueles que vostede nos proporcionou durante a súa navegación polo SITIO WEB, a través dos oportunos formularios que usamos para formalizar o noso contacto con vostede ou a través de correo electrónico.

En particular, en METAPOSTA tratamos as seguintes categorías de datos:

  • Datos de identificación e contacto (p. ex. nome, apelidos, enderezo electrónico, teléfono, etc.).
  • Certificado dixital e sinatura electrónica, cando sexa o sistema usado para contratar ou acceder aos SERVIZOS METAPOSTA.
  • Datos bancarios y de transacciones económicas.
  • Códigos e claves de identificación como usuario rexistrado do SITIO WEB
  • Datos de navegación en Internet (p. ex. enderezo IP, visitas a páxinas web, conexións a redes Wi-fi, etc.).
  • Datos de características persoais, formación, emprego, etc. (no caso de solicitudes/ofertas de emprego ou procesos de selección de METAPOSTA nos cales vostede participe de maneira voluntaria).

Con que finalidade tratamos os seus datos e baixo que lexitimación?

O tratamento dos seus datos persoais persegue as seguintes finalidades:

  • Xestionar e tramitar o seu rexistro como usuario e a contratación dos SERVIZOS METAPOSTA.
  • Xestionar o acceso e a utilización pola súa parte dos contidos ou dos SERVIZOS METAPOSTA.
  • Tramitar e xestionar a solicitude de información, suxestións, queixas ou reclamacións que realice a través do SITIO WEB ou do correo electrónico.
  • Remitirlle por diferentes medios, incluídos electrónicos, comunicacións comerciais e publicitarias de METAPOSTA, respecto dos nosos produtos, servizos, ofertas, promocións e calquera outra información relevante, sempre que o consentise previamente.
  • Xestionar a súa solicitude de emprego ou a súa inscrición nunha oferta de emprego e a súa eventual participación en calquera proceso de selección que METAPOSTA organice.

O tratamento dos seus datos persoais por parte de METAPOSTA, conforme a normativa aplicable, baséase (I) no seu consentimento, outorgado no momento da captación dos seus datos persoais que vostede nos facilita voluntariamente a través dos mecanismos habilitados para o efecto no SITIO WEB ou noutras canles; ou (II) na relación establecida connosco nos supostos de contratación dos SERVIZOS METAPOSTA.

Lembrámoslle que, en calquera momento, nos casos en que o tratamento se basee no seu consentimento, pode revogalo libremente e de forma gratuíta, nos termos que se indican no Apartado 7 seguinte.

A quen lle comunicamos os seus datos?

Á parte dos supostos en que METAPOSTA estea obrigada a iso por imperativo legal (p. ex. administracións tributarias, administración de xustiza ou outras administracións públicas), os seus datos non serán obxecto de comunicación a terceiras entidades.

Non está previsto que se realicen transferencias internacionais dos seus datos persoais.

Durante canto tempo conservaremos os seus datos?

Con carácter xeral, os datos persoais conservaranse en canto vostede non revogue o seu consentimento ao tratamento ou solicite a súa supresión, así como o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais que METAPOSTA debe observar.

En todo caso, informámolo de que METAPOSTA ten establecidas políticas internas de depuración de datos destinadas a controlar os prazos de conservación dos datos persoais que obren no seu poder, polo que estes poderán cancelarse cando deixen de ser necesarios ou adecuados para a finalidade para a que se obtiveron.

En particular e polo que fai referencia á xestión de solicitudes de emprego, os seus datos conservaranse durante un prazo máximo de 2 anos.

Cales son os seus dereitos?

A normativa aplicable en materia de protección de datos outórgalle unha serie de dereitos relativos aos seus datos persoais que vostede poderá exercitar durante o tratamento destes. Ditos dereitos son os que se lle indican a seguir:

  • Acceso aos seus datos: ten dereito a acceder aos seus datos para coñecer que datos persoais que lle concirnen estamos tratando.
  • Solicitar a rectificación ou supresión dos seus datos: en determinadas circunstancias, ten dereito a rectificar aqueles datos persoais inexactos que lle concirnen que sexan obxecto de tratamento pola nosa banda ou, mesmo, a solicitarnos a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non fosen necesarios para os fins que se recolleron.
  • Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos: en determinadas circunstancias, ten dereito a solicitarnos a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso o informamos de que só os conservaremos para o exercicio ou defensa de reclamacións tal e como prevé a normativa aplicable en materia de protección de datos.
  • Á portabilidade dos seus datos: en determinadas circunstancias, ten dereito a recibir os datos persoais que lle incumban, e que nos facilitase, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitirllos a outro responsable do tratamento.
  • Oporse ao tratamento dos seus datos: en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, ten dereito a oporse ao tratamento dos seus datos, en cuxo caso deixariamos de tratalos salvo que, por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións, estes deban conservarse.

Así mesmo, ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que isto lle afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Poderá exercer ditos dereitos mediante correo electrónico dirixido ao enderezo lopd@metaposta.com.

Finalmente, temos que indicarlle que pode interpor unha reclamación perante a autoridade de control competente (en España, a Axencia Española de Protección de Datos), especialmente cando non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos. Pode pórse en contacto coa devandita autoridade a través da súa páxina web: www.aepd.es

Medidas de seguridade

METAPOSTA tratará os seus datos en todo momento de forma absolutamente confidencial e gardando o preceptivo deber de segredo respecto destes, de conformidade co previsto na normativa de aplicación en materia de protección de datos, adoptando para o efecto as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos cales estean expostos.

Política de cookies

Adicionalmente, indicámoslle que METAPOSTA ten establecida unha Política de cookies que se encontra accesible a través da seguinte ligazón.

Contacta connosco

Atendémoste de luns a venres de 9 a 19 horas a través de calquera das seguintes canles:

Síguenos en: